El Correo Gallego

Noticia 46 de 444 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Seleccionan cinco novos proxectos Leader de dous colectivos e tres concellos

En Vimianzo e Zas habilitarán espazos formativos en San Cremenzo e Reboredo

M. L.   | 26.06.2019 
A- A+

Vimianzo. A xunta directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, seleccionou cinco novos proxectos non produtivos de concellos e asociacións que aspiran a acadar axudas do Programa Leader 2014-2020.

Zas pretende reformar a planta baixa da escola unitaria de San Cremenzo de Pazos para acoller cursos de formación, e Vimianzo acondicionará para centro socioformativo a vella escola de Reboredo. Pola súa banda o Concello de Carnota proxectou unha mellor ambiental no campo de fútbol de Lariño. O investimento total dos tres proxectos ascende a 295.296,49 euros, e a axuda concedida é de 83.745,02 euros.

Pola súa banda, a Asociación Íntegro pretende ampliar o servizo de transporte adaptado, e en Zas promoverán o proxecto O Brandomil Romano e o Camiño de Santiago a Muxía. Neste caso o investimento das dúas iniciativas é de 58.524,40 € e a axuda concedida de 44.067,13 euros.

A proposta xa foi enviada a Agader para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria de selección e llas envíe aos promotores, segundo informan dende o Grupo de Desenvolvemento Rural de Costa da Morte.