Lunes 21.10.2019 Actualizado 00:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 233 de 604 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Sumará doce eventos de xullo a setembro a marca FEST Galicia

Baixo o lema 'Festivais que fan camiño', os certames promoven o turismo musical sustentable // Achega o Goberno galego 350.000 euros para contratos de patrocinio Os festivais incluirán accións relacionadas coa difusión da campaña Agresión Off

Fotografía de familia dos participantes na presentación do FEST Galicia 2019 na Cidade da Cultura - FOTO: Antonio Hernández
Fotografía de familia dos participantes na presentación do FEST Galicia 2019 na Cidade da Cultura - FOTO: Antonio Hernández

MARIO ÁLVAREZ SANTIAGO  | 20.06.2019 
A- A+

O calendario FEST Galicia 2019 desenvolverase entre os meses de xullo e setembro con dous festivais máis que o ano pasado até alcanzar as doce citas, nunha iniciativa da Xunta que se vincula directamente coa promoción do Xacobeo 21, baixo a lema Festivais que fan camiño, e que incorpora programas de prevención da violencia de xénero e de respecto ambiental.

Nun acto celebrado na Cidade da Cultura, que contou coa actuación en directo da banda galega Los jinetes del Trópico, presentouse a marca FEST Galicia, que nesta ocasión incorpora aos eventos anteriores os de Cantos na Maré de Pontevedra e Caudal Fest de Lugo.

A través desta marca, a Xunta achega unha contía de 350.000 euros para contratos de patrocinio coas empresas organizadoras, a maiores das subvencións específicas concedidas polo Goberno galego a cada un dos eventos en concreto.

FEST Galicia complétase cos dez certames que participaron na experiencia piloto do pasado ano, e que son os de PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival.

Unhas citas que ademais de representar unha oferta cultural "coordinada", posibilitan o "impulso económico e social" da zona na que se celebran, xerando "emprego" e desenvolvemento económico, segundo puxo en valor no acto o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

Despois de que o ano pasado se iniciase a realización de estudos de medición do impacto económico e social dos festivais en varios dos eventos, este ano analizarase a repercusión de os de Atlantic Fest, Vive Nigrán, Festival da Luz ou o Caudal Fest, coa recollida de datos a través de enquisas directas aos asistentes.

As doce citas asociadas, segundo resaltou Román Rodríguez, son moi diferentes en canto a formatos e propostas musicais, pero "todas teñen en común a aposta pola calidade, a singularidade e a sustentabilidade, que son á súa vez tres das claves da marca".