Miércoles 16.10.2019 Actualizado 19:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 8 de 604 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

O teu Xacobeo vai impulsar ata seis proxectos para o Barbanza

Rodeiro participou onte na presentación dunha das iniciativas que promoveron dende o Concello de Carnota // Na provincia da Coruña as achegas ascenden a 1,6 millóns para organizar así 171 actividades ata abril do 2020

Ovidio Rodeiro, primeiro pola esquerda, durante a presentación do proxecto en Carnota - FOTO: ECG
Ovidio Rodeiro, primeiro pola esquerda, durante a presentación do proxecto en Carnota - FOTO: ECG

MARÍA CANO   | 24.09.2019 
A- A+

O programa O Teu Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo permitirá impulsar na comarca do Barbanza seis iniciativas de dinamización en seis concellos desta zona (Mazaricos, Ribeira, Carnota, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Muros). Unhas actividades que contan cun investimento de máis de 50.000 € por parte do Goberno autonómico. Así o anunciou onte o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, que participou no acto de presentación do proxecto Unha viaxe sostible para unha vida consciente promovido polo Concello carnotán no marco do citado programa. Este evento, apoiado polo Executivo galego con máis de 10.000 euros, consistirá na organización dunhas xornadas de turismo que se levarán a cabo entre o 24 e o 27 de setembro, dirixido a catro perfiles diferenciados: mulleres maiores de 65 anos, artistas, mulleres en situación de vulnerabilidade e deportistas de surf. "Este evento pretende mostrar a oferta singular de actividades de crecemento persoal en espazos naturais para reforzar a espiritualidade e o benestar que transmite o Camiño de Santiago a Fisterra", destacou o representante da Xunta.

Neste tipo de actividades itinerantes, na totalidade da provincia da Coruña as achegas ascenden a 1,6 millóns de euros para organizar 171 actividades desde 2019 e ata abril do 2020. Concretamente, no Barbanza O Teu Xacobeo impulsa rutas de navegación peregrinas como as programadas desde o Concello de Ribeira (Ribeira no Camiño) este verán co obxectivo de propoñer aos participantes o mesmo percorrido que fixo o Apóstolo, desde o océano Atlántico ata o cruceiro do parque de Pedra Pateira, en Santa Uxía (considerado a porta de entrada na Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla). Tamén no mes de setembro e outubro, dentro da programación prevista, o Concello da Pobra coordinou A Pobra Xacobea, cunha saída en veleiro e visitas teatralizadas entorno ao camiño neste municipio.

Así mesmo, coordinado por un Concello, o de Muros, o Xacobeo impulsa o plan de dinamización turística Dunha exposición permanente no Cachó, un programa que inclúe a sinalización dun percorrido por Louro que englobe o patrimonio desta zona (Monte, Lagoa, petroglifos de Laxe, hórreos e Via Crucis), así como unha exposición permanente no muíño de mares Pozo do Cachón, como un dos sitios máis turísticos desta localidade.

E co fin de falar tamén da riqueza do Camiño nesta comarca, neste caso dos recursos naturais, a Asociación EFA Fonteboa está a desenvolver un proxecto que ten un ámbito de implicación de varios municipio. Por outra banda, outro coordinado pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza, contará cunha achega de 14.000 euros.

{ BLANCO O NEGRO }

La cita clave de Galicia

La convocatoria de proyectos O Teu Xacobeo, organizada por la Xunta de Galicia, contó con una inversión de 4,7 millones de euros debido a la gran afluencia de solicitudes, multiplicando casi la cifra inicial destinada por la Consellería de Cultura y Turismo a este programa. La finalidad no es otra que implicar y fomentar la participación de toda la sociedad a través de una programación sociocultural, poniendo en marcha la locomotora del Xacobeo 2021. Una manera de involucrar a visitantes y residentes en la magia del Camino, ya sea a través de una ruta en barco, una exposición o unas jornadas. Todo suma cuando se trata de la cita clave gallega.

O PROTAGONISTA

Ovidio Rodeiro

Delegado Territorial

"representa o carácter participativo"

O delegado territorial da Xunta subliñou que O Teu Xacobeo representa "o carácter participativo, descentralizado e sustentable dun Ano Santo no que a cidadanía é a protagonista, xa que son os encargados de difundir os valores do Camiño de Santiago por toda Galicia". Ovidio Rodeiro destacou a "gran acollida" desta iniciativa, e lembrou que se recibiron un total de 652 propostas nas tres liñas de axuda abertas. Neste senso, subliñou que o obxectivo deste programa é que chegue ao maior número de concellos galegos, con especial atención aos máis pequenos, e que teña en conta os diferentes camiños, que abranguen máis de 1.500 quilómetros en toda a comunidade autónoma. Hay que destacar que os proxectos seleccionados comprenden cinco áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, deportivo e social.