El Correo Gallego

Noticia 79 de 589 noticia anterior de Santiago de Compostela: Cidade Universal Santiago » Santiago de Compostela: Cidade Universal

Valoran a pegada Xacobea en Portugal nos Camiños de Alentejo e Ribatejo

REDACCIÓN   | 05.09.2019 
A- A+

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou onte en Portugal no lanzamento oficial das rutas Camiño de Santiago no Alentejo e Ribatejo. Trátase dun proxecto que, baixo o lema Un segredo ben gardado, vai sinalizar e fomentar estes dous grandes camiños, maioritariamente rurais, que en total suman máis de 900 quilómetros xa sinalizados.

En contreto, o proxecto desenvolvido por Turismo do Alentejo e Ribatejo, en colaboración coa Xunta e con diferentes entidades vinculadas á Ruta, contempla a sinalización de dous trazados: o Caminho Nascente e o Caminho Central. Estes dous itinerarios, moi diferentes en costumes e tradicións nos que os peregrinos se atopan con paisaxes e experiencias complementarias, atravesan 30 municipios do país veciño.

Durante a presentación, a comisaria do Xacobeo 21, que se referiu a esta cita como "un día histórico para Galicia e Portugal", puxo en valor a estreita colaboración entre as dúas rexións "especialmente no Camiño de Santiago".