Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carlos Pajares, académico de honra da Real Academia Galega de Ciencias

Tomará posesión o día 25 deste mes de maio no paraninfo da Universidade de Santiago

O acto de toma de posesión do profesor Carlos Pajares Vales como Académico de Honra da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) terá lugar en Santiago o vindeiro día 25 de maio ás 19:00 horas, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia. O discurso de entrada á RAGC do profesor Pajares titúlase “Sencillez y belleza en la Ciencia y en la Naturaleza (En busca de la simetría perdida)”, e terá resposta na intervención do profesor Juan M. Lema Rodicio.

Carlos Pajares Vales naceu en Madrid en 1945. É catedrático de Física e foi o primeiro decano desa facultade (1981-1984) e reitor da Universidade de Santiago de 1984 a 1990. Foi delegado científico de España no consello do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) en Xenebra, do que depende o xigantesco acelerador de partículas (LHC, en inglés). Vinculado ao mundo académico e investigador, o ex reitor da USC é colaborador de El Correo Gallego e defendeu sempre que a investigación ten que ser un dos alicerces básicos sobre os que se sustente a universidade. Distinguido con innumerables distincións, recibiu un premio Galego do Ano do Grupo Correo Gallego en 1990.

05 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.