Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catorce centros educativos aportan os seus proxectos na Maker Faire

Visita virtual polo Museo Gaias a través de plataforma en liña na xornada educativa

    Santiago. O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou onte a atención sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino galegos, presentando como exemplo os proxectos maker dos 14 centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan hoxe na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020.

    Un pequeno satélite, unha estación de baixo custo para o control da calidade da auga ou o emprego da tecnoloxía ao servizo dunha educación máis inclusiva e segura nos tempos da covid-19, son algúns dos proxectos que se darán a coñecer na Maker Faire Galicia 2020, que por vez primeira dedica todo un día ao ámbito educativo.

    Desde a plataforma en liña, pode accederse a todos os contidos do programa destes cinco días dedicados á creatividade e ao enxeño. Permitindo aos visitantes circular virtualmente polo interior dun Museo Gaiás recreado en 360 grados.

    O sistema ofrece a posibilidade de conectar a través de videoconferencia cos makers que expoñen os seus proxectos. Tamén a través da mesma web se pode acceder a todos os obradoiros, charlas e mesas redondas programadas, nas que ademais de educación se tratan temas como aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde, economía circular, videoxogos ou innovación social.

    Entre os relatores máis destacados do encontro atópanse Yannick Roy, co-fundador e director da comunidade máis grande do mundo de neurotecnoloxía (NeuroTchX); Sofía Belenguer, co-creadora e CEO de MyRealFood, a app que axuda a levar unha dieta saudable baseada en comida real; ou Maitane Alonso, a maker que con só 18 anos sorprendeu á NASA coa súa máquina de conservación de alimentos.

    A Maker Faire Galicia 2020 celebrarase co apoio da Xunta, o Concello de Santiago e Asociación para el Progreso de la Dirección (APD). O programa pode seguirse en liña e, ademais de mesas redondas, charlas e obradoiros destinados a docentes e alumnado, inclúe as presentacións de 28 proxectos de argalleiros de Galicia, do resto de España, Portugal e o Brasil.

    20 nov 2020 / 23:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito