Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cen mil euros para entidades veciñais

RAXOI. Onte abriuse o prazo de presentación de solicitudes á “Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2021”; despois da súa publicación, onte, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Estas axudas contan cun orzamento de 100.000 euros. O importe subvencionable por entidade solicitante será, como máximo, o 80 % do orzamento de gastos que se detalle no formulario de solicitude, cun máximo de 3.000 euros: ou 5.100 euros só naqueles casos de ser entidades veciñais propietarias de equipamentos socioculturais. O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles. ECG

23 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito