Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 01 diciembre 2020
09:49
h

Cesión dunha parcela para a sede de Cogami

    integración. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Confederación galega de persoas con discapacidade, Anxo Queiruga, formalizaron onte no Pazo de Raxoi a concesión dunha parcela, sita no SUNP-4 das Cancelas, para a construción da sede de Cogami, de Galega de Economía Social (GES), así como a dos centros de emprego Combina Social e Activa. No acto tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. O solar, propiedade do Concello, conta cunha superficie de 2.163 m2. O acordo que recolle esta concesión demanial foi aprobado pola Xunta de Goberno local na sesión do pasado 5 de outubro. A presente concesión outórgase por un período de vintecinco anos, prazo que poderá prorrogarse, previa declaración expresa, por períodos consecutivos de dez anos cada un mentres se manteñan os fins para os que foi concedida a parcela. En todo caso o período máximo non excederá de 75 anos. ecg

    21 nov 2020 / 00:42
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito