Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chegan dous libros infantís, un sobre os Beatles e outro sobre os Rolling Stones

Trátase de dúas historias orixinais, adaptadas a crianzas de entre 2 e 12 anos

A Reixa convértese en editora para sacar a tradución dos dous primeiros títulos da colección “Little Neno descobre a...”, editada en castelán por Bang Ediciones e que até o de agora conta tamén cos títulos sobre David Bowie, Aretha Franklin e Elvis Presley.

Coa tradución ao galego das aventuras de Little Neno, Reixa editorial pretende fomentar a nosa lingua e a cultura musical dos máis cativos de xeito ameno e divertido.

Trátase de dúas historias orixinais, adaptadas a crianzas de entre 2 e 12 anos que as mergullarán por primeira vez no mundo poético e cheo de imaxinación da música e letras das dúas bandas máis lendarias dos anos 60 británicas.

Coa lectura destes libros poderás compartir cos máis pequenos da casa os gustos pola música dos Beatles e dos Rolling Stones. Converterase tamén nunha oportunidade para escoitar de novo os vellos vinilos destes dous grupos ingleses cos vosos fillos. Os libros ofrecen, ademais, unha sección onde se poden descubrir máis datos curiosos que seguramente non coñeciades... ou si.

DATOS

Cando LITTLE NENO queda durmido sucédenlle cousas moi estranas pero estranas. Renato, o seu oso de peluche marcha nun submarino amarelo e para atopar o seu querido amigo Little Neno tendrá que contar coa axuda de persoaxes sorprendentes coma o home ovo, Lucy no seu ceo de diamantes ou unha morsa.

15 EUROS

25x25 cm TAPA DURA, 32 PÁX.

ISBN: 978 84 12399103

Tras descubrir o mundo dos Beatles chega a nova aventura de Little Neno e o seu oso Renato.

Nesta ocasión os nosos amigos espertan nunha cidade de cor rubí. Alí coñecen a Mick, un rapaz que quere pintalo todo de negro. Convertido nun mono xigante Mick perseguiraos por esa estrana cidade habitada polos Rolling Stones e as suas cancións.

15 EUROS

25x25 cm TAPA DURA, 32 PÁX.

ISBN: 978 84 12399110

08 sep 2021 / 10:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.