Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chegan os concertos didácticos ao Gaiás

Programación infantil. A Xunta programa na Cidade da Cultura de Galicia os sábados 18 e 25 de setembro dous concertos didácticos para público familiar no andar -1 do Museo Centro Gaiás. Baixo o título Camiños de Músicas, o ciclo ofrecerá un percorrido polas influencias sonoras do Camiño co fin de embarcar ao público nunha peregrinación didáctica polo patrimonio musical. A primeira das citas terá lugar este sábado, 18 de setembro, e explorará da man de Kike Estévez as formas de improvisación oral que se fixeron presentes no Camiño ao longo dos séculos. O sábado 25 chegará a quenda para o Cuarteto Alicerce e o clown Alfredo Pérez, cunha proposta coa que se achegar desde a creatividade e o humor á música de Wolfgang Amadeus Mozart. Ambos concertos serán ás 17.00 horas e as entradas para cada un deles están xa á venda na web de Ataquilla a un prezo de tres euros. A programación fará as deilicias dos máis pequenos. ecg

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito