Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Compostela Aberta recolle as demandas da veciñanza da parroquia de Lavacolla

VISITA. A portavoz municipal de CA, María Rozas, visitou a parroquia de Lavacolla para coñecer de primeira man as demandas da veciñanza, “que vén reclamando con nulo éxito non só importantes obras como as de abastecemento e saneamento, senón tamén pequenas actuacións en materia de mantemento”. A concelleira recoñeceu que “á vista do estado no que o Concello mantén algúns viarios na zona, é comprensible o escepticismo diante das promesas de Bugallo dun plan de investimentos que compense as limitacións derivadas do Plan Especial do Camiño Francés, que os veciños e veciñas seguen rexeitando”. María Rozas, que estivo acompañada polo concelleiro Xan Duro e por numerosos veciños e veciñas, puido comprobar “o pésimo estado de mantemento no que se atopan viarios de acceso aos núcleos de Vilamaior e San Paio. ECG

01 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.