Conclúe sen acordo a reunión sobre o ERTE en Finsa que afectaría a 1.500 traballadores ata marzo

reunión. Finsa, a emprensa compostelá, anunciaba unha reunión entre a dirección da empresa e os sindicatos representantes dos traballadores -entre os que están comisións obreiras, a UXT, a USO e a CIG-, para o día de onte, para abordar o expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) que estuda aplicar a madeireira. Tras dito encontro na xornada de onte, a empresa rematou sen acordo.
En concreto, pola parte social estaban citados 13 representantes dos sindicatos con implantación nos comités de empresa dos catro centros galegos (Santiago, Padrón, Rábade e Ourense). Namentres, pola parte empresarial estaba prevista a participación de responsables do departamento de recursos humanos e os directores das catro factorías.
A empresa, cun cadro de máis de 3.300 traballadores incluíndo os centros de Portugal, atopábanse en “proceso de valoración” da aplicación dun ERTE nas súas plantas galegas debido a “circunstancias produtivas”, debido ao descenso dos pedidos, sinalaron fontes da compañía a Europa Press. Así, após unha reunión mantida hai unha semana, o resultado non foi nada concreto e os sindicatos afirmaron descoñenecer a duración do ERTE, aínda que contan con que as condicións sexan as mesmas que co anterior.
Porén, tras a reunión mantida onte que finalizou sen un acordo, as dúas partes decidiron aumentar o prazo de negociación e volverán verse a semana que vén, probablemente o martes. Malia que foi unha medida que nun prinicpio tomou por sorpresa ao cadro, xa que “estaba a haber paradas de produción”, tras o encontro, os datos son concretos; Finsa expón un expediente con afectación para as catro plantas galegas e para 1.500 empregados, cunha duración até marzo de 2023.
O que separa á dirección e á parte social son os complementos, posto que, de acordo coas fontes consultadas, as condicións que propón Finsa supoñen unha rebaixa aproximada de en torno ao 10% do que cobrou o cadro durante o anterior ERTE. ecg