Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 agosto 2020
21:54
h

Convenio entre Raxoi e o Tambre para impulsar a actividade

Preténdese fomentar o desenvolvemento do Polo de Biotecnoloxía, entre outros obxectivos

    Santiago. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, asinaron o convenio a través do que o Concello de Santiago destina unha achega á entidade empresarial de 50.000 euros. Unha cantidade destinada a fomentar e impulsar o desenvolvemento do Polo de Biotecnoloxía, así como outros obxectivos incluídos no marco do programa Compostela Móvese 2020 covid-19.

    A través deste convenio, aprobado en Xunta de Goberno, vanse subvencionar parte dos gastos necesarios para que a Asociación Área Empresarial do Tambre de Compostela realice durante o ano 2020 diversas actividades e servizos. Tratase de accións encamiñadas ao desenvolvemento dun Polo de Biotecnoloxía no marco do Convenio da Sionlla, e á captación de empresas. Para a consecución destes obxectivos, o convenio propón desenvolver as accións da secretaría técnica, impulsando e coordinando distintas actividades como punto de encontro de axentes da cidade para a súa industrialización, poñendo en valor as potencialidades de Santiago ante a Administración pública, empresas e investidores. O obxectivo sería acadar os recursos necesarios que impulsen a promoción económica da cidade. Tamén se prepará unha proposta para a Convocatoria de Centros de Fabricación Avanzada do Instituto Galego de Promoción Económica e elaborarase unha proposta técnica para o Centro de Fabricación Avanzada. redacción

    01 ago 2020 / 23:03
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito