Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convenio para mellorar o servizo de autobús a Ames

Santiago. O grupo municipal do BNG insta o alcalde Sánchez Bugallo a axilizar os trámites para asinar o convenio de colaboración entre os concellos de Santiago e de Ames coa Xunta para estender a liña P-2 de autobuses urbanos co obxectivo de facilitar as comunicacións en transporte público para a veciñanza de ambas as localidades e darlle servizo á parroquia de Ortoño, en Ames. Segundo explicou Goretti Sanmartín, que trasladará unha pregunta ao pleno, o goberno local ten pendente de asinar este convenio para a coordinación dos servizos de transporte público. Segundo este convenio, o servizo de transporte público colectivo á parroquia de Ortoño (Ames) será prestado pola empresa adxudicataria da xestión do servizo público de transporte urbano do concello de Santiago mediante a extensión da liña urbana P-2, no traxecto de San Caetano, rúa da Senra e Laraño, con extensión a O Son en determinados horarios, o que “non significará incremento de custos para o Concello. ecg

24 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito