Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Corte de tráfico en Rodríguez de Viguri e na avenida de Lugo

Santiago. No marco das obras na avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri, con motivo dos traballos no carril ascendente, desviarase de novo a circulación á altura da Cruz Vermella pola rúa de Londres e rúa de Lisboa dende as 8.00 horas do vindeiro luns, 26 de xullo. En canto ao transporte urbano, o corte afecta ás liñas 9, 13, C2, C5 e C11 e á parada 128, rúa Berlín (centro sociocultural). Na web de Tussa (www.tussa.org) poden consultarse as paradas suprimidas e alternativas, así como os itinerarios de desvío por liña. O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. REDAC.

22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito