Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Corte de tráfico por obras de mellora no pavimento da rúa Benéfica de Conxo

DENDE HOXE. A partir da xornada de hoxe, 1 de febreiro, a Xunta de Galicia vai proceder coa reparación de parte do pavimento da obra que realizou no contorno do barrio de Conxo. O tramo afectado é o comprendido entre a rotonda de acceso da SC-20 e a rotonda da rúa Benéfica de Conxo, xunto a Televés. Estes traballos conlevan que, dende hoxe e durante un prazo de 2-3 semanas, o tráfico de subida cara ao centro da cidade quedará cortado á altura da mencionada rotonda de Televés, circulación que xa estaba limitada ao bus urbano e transportes autorizados.

Queda permitida a circulación de entrada dende a rotonda da SC-20 cara a rúa de Torrente e adxacentes. Por mor deste corte, a partir do mércores 1 de febreiro ás 9.00 horas, produciranse varios cambios no transporte urbano. ECG

01 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.