Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Cultura. A V edición do evento de Estrella Galicia celebrarase este fin de semana cun apartado sobre as mulleres pioneiras na música electrónica e coa novidade dun espazo natural organizado co Museo de Historia Natural da USC TEXTO Redacción

Creativa aposta do WOS Festival pola ecoloxía e as cidades sostibles

Este fin de semana terá lugar a V edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia que se celebrará desde o venres 10 en diferentes localizacións da cidade de Compostela. Baixo a etiqueta Lite Edition, o festival presenta unha edición en formato reducido por mor da pandemia. Trae como novidade unha firme aposta pola ecoloxía: este ano o festival engade un conxunto de actividades de balde que terán lugar en entornos naturais de alto valor patrimonial. Esta liña de programación leva por nome WOS Goes Green e pretende poñer o foco sobre o concepto de cohabitación e xerar reflexión sobre a importancia da ecoloxía urbana.

En colaboración co Museo de Historia Natural, esta nova área de programación incluirá un paseo bioacústico polo Río Sarela, coa participación de Cristina Fuentes, bióloga especializada en educación ambiental e patrimonio; e Carlos Suárez, artista sonoro, etnomusicólogo, deseñador de instrumentos e compositor de paisaxes sonoras. Para conseguir a invitación débese acudir á páxina do Museo de Historia Natural da USC. Tamén, nese intento de reflexión sobre a busca de cidades sostibles que permitan mellorar a vida dos seus residentes e a biodiversidade, o festival quere poñer en valor a escena de clube, que leva un ano e medio parada debido á situación provocada pola pandemia.

Para elo, incorpora á programación dj sets de BFlecha, Toccororo, Fatfish e Arnau Sabaté. Estes sets terán lugar en zonas exteriores da Cidade da Cultura e o Parque de Bonaval. Serán de balde e abertos ao público da cidade, transcorrendo en paralelo á programación habitual do festival.

Cine baixo o paraugas temático do FEMINISMO MUSICAL. O festival segue apostando como en edicións pasadas pola programación audiovisual. Nesta ocasión, no programa de cine poderán verse as películas Sisters with Transistors, de Lisa Rovner e a estrea en España de Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes, de Caroline Catz. Ademais, contarase con coloquios coas dúas directoras posteriormente á proxección dos seus filmes. Sisters with Transistors é un documental sobre as mulleres pioneiras na música electrónica. Pon en valor nomes como Clara Rockmore, Daphne Oram o Laurie Spiegel, que abriron camiño a outras artistas en xeracións posteriores.

Pola súa parte, o proxecto Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes aborda a súa figura a través de material de arquivo, entrevistas cos seus colaboradores e recreacións dramáticas. Esta longametraxe trascende o seu propio xénero para transformarse en algo lírico, unha película dedicada a una desas mulleres fundamentais para entender a música de vangarda.

No apartado musical haberá ademais unha ampla presenza de artistas femininas, como é o caso de Eartheater. Trátase dunha das artistas incipientes da escena underground estadounidense. Mesturando a súa gran voz con elementos acústicos e electrónicos, é quen de crear un son único. A súa visita supón a premiere en Europa do seu recente Phoenix: La Petite Mort, tras o éxito en 2020 do seu anterior traballo, Phoenix: Flames Are Dew Upon My Skin. Tamén participarán neste festival a neerlandesa-italiana Grand Rive, coa súa música no experimental cunha inclinación cinematográfica; ou Galya Bisengalieva, unha compositora e violinista kazajo-británica que vén de presentar o seu primeiro disco, Aralkum, no que a ecoloxía está tamén moi presente. As entradas son de balde e xa se poden obter na páxina web wosfestival.es.

07 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.