Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 27 enero 2022
12:56
h
Falamos con Ana Porto, dona de Maravalla, unha tenda de cosmética natural situada na zona vella de Santiago de Compostela

“Creo que hoxe en día ter unha tenda física ten máis de romanticismo que de realismo”

“É complicado ver o futuro a longo prazo do pequeno comercio de forma positiva, xa que moitos factores xogan en contra”

Maravalla é unha pequena e moi acolledora tenda de xabóns e cosméticos naturáis de Santiago de Compostela, situada na rúa das orfas a apenas tres minutos dende a Praza do Toural.

É sabido que a crise do Covid-19 afectou moito a sectores coma o gastronómico e, en xeral, ó comercio local. Pero tamén que grazas a novos mecanismos como as redes sociáis e os envíos a domicilio, moitos destos negocios atoparon un salvavidas. Hoxe Ana Porto, dona de Maravalla, daranos o seu punto de vista e contaranos cómo se viviu esto dende a súa experiencia.

“Creo que hoxe en día ter unha tenda física ten máis de romanticismo que de realismo”

Para escomenzar cóntanos na súa páxina web que leva traballando entre xabóns dende o 2005, pero que non sería ata 2014 cando se comenzara a xestar este proxecto, para finalmente abrir as súas portas no 2015, máis concretamente o 15 de Maio. Dende entón, a tenda segue tal e como empezou, “agás por algunha estantería nova que se aumentou conforme ao proxecto inicial”, di Ana.

Ofrecedes diversos produtos de cosmética, foi así sempre ou comenzástedes únicamente con xabóns?

Foi sempre así, aínda que a idea inicial se baseaba no xabón, porque é no que traballei toda a vida. Si é certo que dende a apertura ampliamos considerabelmente a gama de cosmética, natural e certificada na súa maioría.

No Instagram tes bastantes seguidores para ser unha tenda local, crees que a día de hoxe algúns dos teus clientes te coñecen gracias a esta red social? ou acostuma ser máis ben ó revés?

Hai de todo, tanto clientes que me coñecen a pé de rúa coma clientes que me coñeceron primeiro polas redes sociais. Si é certo que con motivo da Covid moita máis xente me comezou a seguir e a amosar interese polo comercio local e iso é de agradecer.

Consideras as redes sociáis como unha boa plataforma para dar visibilidade ós comercios locáis? No voso caso axudou?

Totalmente, as redes sociáis non deixan de ser un escaparate máis e unha forma estupenda para darte a coñecer. No noso caso claro que axudou.

Poderíase dicir que estás contenta tal e como marcha a tenda actualmente, ou gustaríache crecer máis? Tes algun obxectivo ou aspiración respecto disto?

Si, estou contenta pero é o resultado dun traballo de anos. Os meus obxectivos son seguir un pouquiño mellor, e lograr coller algún día vacacións decentes, que a vida de autónoma é realmente dura; iso sí, tampouco me gustaría crecer no sentido de non lograr abarcar todo.

Como afrontou o negocio os meses de peche polo Covid?

Pois con moita incertidume e medo sobre todo nas dúas primeiras semanas. Afortunadamente o contar co paro para autónomos que se habilitou nos primeiros meses e a suspensión da cota, así como a comprensión no pago do alugueiro por parte da propiedade, aliviaron un pouquiño toda esa presión e incertidume.

Vin que realizas envíos online, comenzaches a raíz do peche pola pandemia a prestar este servizo ou xa o facíades con anterioridade?

Non, sempre o fixen, de feito temos un catálogo no noso Facebook con máis de 600 produtos subidos para consulta. Non temos tenda en liña como tal pero si facemos envíos con regularidade. Ben é certo que con motivo da Covid se incrementaron, tanto nos meses duros de confinamento como agora, xa que hai clientes habituáis que con motivo dos distintos peches perimetrais non poden acudir á tenda.

Non é ningún segredo o feito de que o comercio local saíu moi perxudicado desta situación. Tanto no caso de Maravalla como en xeral, consideras que as axudas que dou o Goberno axudaron a paliar as consecuencias económicas da pandemia? e cales crees que foron os principáis problemas das medidas implantadas, por exemplo co tema dos ERTEs?

Pois non o sei en xeral. No meu caso particular, como xa dixen antes a supresión de cota dos primeiros meses de confinamento e o pago do paro de autónomos axudou positivamente. Do tema dos ERTEs non podo opinar porque non foi o meu caso, pero a sensación nun primeiro momento é que en Galicia tardaron moito en tramitalos e cobrar.

Para rematar, gustaríame darche a noraboa, xa que levar un negocio pequeno e que saia a diante poderíase dicir que hoxe en día é toda unha fazaña. Tes algún consello ou algunha recomendación para aquelas personas que estean prantexándose facelo?

É máis que unha fazaña, a verdade é que é unha loita diaria. Sinceiramente o meu consello é que o pensen moito e que corran pero no sentido contrario [rí], moitas veces creo que hoxe en día ter unha tenda física ten máis de romanticismo que de realismo. É moi duro loitar cunha competencia feroz como a online, por parte de empresas con moitos recursos e que nin sequera teñen a mesma presión fiscal, e a que fan as propias marcas. Non quero desanimar a ninguén, pero é complicado ver o futuro a longo prazo do pequeno comercio de forma positiva, xa que moitos factores xogan en contra. Dito isto, tiño que dicir que me encanta o meu traballo e me motiva moito, aínda que non é un camiño fácil.

06 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.