Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Crise de adopcións de animais no refuxio de Bando polas restricións da COVID

O confinamento cesou temporalmente a acollida de animais e a súa vez as restricións de mobilidade limítana

A situación excepcional que se está a vivir tivo tamén repercusión na actividade que se viña desempeñando no Refuxio de animais de Bando. Os cans e gatos que residen nas instalacións víronse perxudicados pola pandemia, xa que este centro non era alleo á situación que estaba tocando vivir, polo que tivo que pechar ao público a mediados de marzo de 2020, e como consecuencia, os animais que vivían alí non podían ser entregados en adopción durante eses meses de confinamento.

Ademáis, Olalla García, actual directora do lugar afirma que “a verdade é que estábamos con bastante medo, porque si seguían chegando animais como de costume, que entran unha media de 30 ou 40 animais ao mes, e sen poder entregar en adopción, estábamos pensando en que nos íbamos ver saturados, pero afortunadamente non foi así, non chegaron novos animais, así pois, estivemos traballando aquí, como é obvio, cuidando dos animais, e aproveitamos para difundilos, aproveitando que tiñamos algo máis de tempo”.

Mentres se producía ese tempo de confinamento “seguimos recibindo moitos cuestionarios de xente que quería adoptar, e cando se puido abrir ao público foi unha etapa axetreada, porque si que recibimos un montón de xente co propósito de levarse una animal á casa”. Por outra banda, nese tempo, o refuxio tivo que prescindir de todo tipo de eventos coma os mercadillos para recaudar fondos, ou de colectivos coma os voluntariados ou os padriños que ían pasear aos afillados. A día de hoxe, poden contar cun grupo reducido de voluntarios para que teñan contacto cos animais, pero lamenta o cese das terapias que se soían facer por parte duns usuarios do psiquiátrico de Conxo ou mesmo rememora que “as charlas que realizabamos nos colexios tampouco se volveron retomar, e esta actividade consistía en que un grupo de voluntarias ían acompañadas dun can do refuxio a escolas ou institutos, e dese xeito explicábase un pouco como funcionamos e o que implica o abandono dun animal, e a maiores aclarabamos o que é a adopción responsable para concienciar un pouco aos nenos. Ademais deso, eles depois facían talleres, pequenas campañas, ou recolectaban alimentos, e ata estiveron colocando carteis en establecementos para que a xente se animara a adoptar”. Recorda que “era unha boa dinámica que funcionaba ben. Implicábanse moito, polo que o facía unha actividade entretida”.

Na actualidade, con 180 cans acollidos e 105 gatos, o que máis se complica é o tema das adopcións, xa que “nos vemos limitados. Aínda que seguen saíndo animais, estamos centrados en Santiago, que é de onde podemos recibir ás persoas, porque aínda que nós podemos dar cita igual aos adoptantes para que veñan, debido ás restricións de movilidade limitámonos aos procedentes do concello ao que pertencemos”. Asemade, o inverno tamén ten as súas consecuencias, xa que coa choiva “os animais pasan máis tempo dentro das instalacións, onde tamén vai máis frío, e soe ser a tempada que pasan con algún resfriado, pero nada especialmente chamativo”.

O positivo que sacan da situación é que “a pesar de que o ano pasado foi do máis anómalo e estresante, cando a partir de xuño puidemos tornar un pouco á normalidade, tivemos o dobre de adopcións que de costume. Houbo un mes, xullo ou agosto, no que foron adoptados 85 animais, cando o normal son 40 aproximadamente. Entón algo bo si que notamos, incluso para doarnos cousas, cremos que a xente está moito máis receptiva”.

17 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.