Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Críticas pola demora na execución da Vía Verde entre Oroso e Santiago

Santiago. O Grupo Popular, mediante unha iniciativa da concelleira Ana Sabel, vai preguntar ao Goberno local polo que consideran unha parálise no proxecto da Vía Verde entre Santiago e Oroso, “o que está a producir un notable atraso nun tramo que debería ser prioritario”.

Desde o PP afirman que durante o acto celebrado por mor do inicio das obras do tramo entre Oroso e Ordes o pasado venres non se fixo ningunha mención pública ao resto dos tramos, en especial do tramo decisivo dunha vía que comunicará cinco concellos coa capital de Galicia. “Volve a poñer de relevo a falta de implicación do Goberno de Sánchez Bugallo para impulsar esta actuación”, denuncian os populares.

A idea da futura Vía Verde é aproveitar o vello trazado ferroviario en desuso na vella liña Santiago-A Coruña, de 36,5 km. ECG

18 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.