Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Curso no Cersia para personas interesadas en como se crea unha empresa de inserción

Santiago. A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), dentro do marco das accións subvencionadas Pola Rede Eusumo 2021 (rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social e que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social), impartirá o curso As Empresas de Inserción laboral. Fomento da economía social para o futuro. Terá unha duración total de dice horas, en formato presencial os días 14, 15 y 16 de setembro en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O curso vaise celebrar no edificio municipal CERSIA, na rúa do Alcalde Raimundo López Pol, en Santiago. Os contidos versarán sobre todos os aspectos de difusión e sensibilización sobre a figura das empresas de inserción sociolaboral de Galicia, apoiar e promover a creación de novas empresas así como complementar a formación técnica de futuros profesionais das áreas xurídica, económico-empresarial e social. Está dirixido a toda persoa interesada que teña inquedanzas sobre como constituir unha empresa de inserción. Tamén vai dirixido a entidades de iniciativa social. ECG

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito