Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Denuncian que aínda quedan servizos en precario

contratación. O grupo municipal do BNG reclama a revisión dos pregos da licitación do servizo de limpeza das dependencias do Concello para facer unha adaptación á nova situación derivada da covid-19. Entre os servizos en situación irregular sinalan o da limpeza, que leva sen contrato desde maio de 2018, “o que repercute na precariedade das condicións laborais de 48 traballadores/as da empresa e nas condicións do propio contrato. A licitación iniciouse o 30 de abril de 2020, durante o estado de alarma, nun contexto no que se debe aumentar a frecuencia da limpeza en todos os ámbitos como medida de prevención.“Observamos que estas indicacións non están recollidas nos pregos e incluso a documentación é de datas anteriores á crise como, por exemplo, o informe de necesidade e idoneidade que ten data do 17 de outubro de 2019”, sinalou Navia Rivas, concelleira do BNG. “Deste xeito, non recollen, nin prevén as necesidades de limpeza que as dependencias precisan ante a nova situación que se está a vivir”, advertiu. O grupo municipal trasladará unha pregunta ao pleno “para que se busque unha solución que teña en conta o contexto actual e que os pregos do novo contrato non impliquen que haxa maior carga de traballo e máis precariedade nas condicións laborais das 48 traballadoras/es”, nin que se fagan subcontratacións a terceiras empresas sen limitacións que poidan empeorar as condicións laborais. Cómpre lembrar que o BNG leva anos a advertir da situación irregular de numerosos contratos de servizos prestados polo Concello a través de empresas privadas ou mediante concesións administrativas. A licitación da Escola de Municipal de Música, o servizo de conserxería de 14 colexios públicos e 6 pavillóns, o servizo de transporte urbano, o Matadoiro municipal, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, o contrato de mupis e marquesiñas ou as pistas de padel, son algunhas das empresas que se encontran sen contrato na actualidade. Así, insisten na necesidade de licitar estes contratos tendo en conta as adaptacións á actual situación. ecg

23 may 2020 / 00:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito