Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 22 junio 2021
21:27
h

Despedida do alumnado de Enfermería

Santiago. O CHUS acolleu onte un emotivo acto de despedida da xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza ás 140 estudantes de 4º grado de Enfermería da USC que realizaron o seu último curso de carreira (totalmente práctico) nos centros sanitarios da área compostelá. Presidido pola xerente da área, Eloína Núñez, as alumnas recibiron diferentes consellos para a súa vida laboral (pendentes aínda da presentación do TFG) e o ofrecemento para traballar nesta área sanitaria de xeito inmediato. Tamén acudiron a directora de Enfermería, Vitoria Carral, a profesional de urxencias e profesora asociada, Isabel López e a delegada de curso, Ana Aira. ECG

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito