Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Destacan o compromiso da Xunta con Santiago máis alá da súa capitalidade

orzamentos. A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz salientou onte no Parlamento galego que “o compromiso da Xunta coa cidade de Santiago nos seus orzamentos vai moito máis alá da partida que recibe na súa condición de capitalidade” e cualificou de “sorprendente que o PSdeG demande agora un incremento desta aportación cando entre as 570 emendas que presentou aos estados de gasto dos presupostos da Xunta para 2021 non había ningunha que recollera esta petición”. Sanz lembrou que, en aplicación da Lei do estatuto da capitalidade de Santiago, “a Xunta vén destinando anualmente unha importante cantidade dos seus orzamentos co fin de contribuír ao financiamento dos servizos e gastos do Concello derivados da súa capitalidade e da súa condición de sede das institucións autonómicas”. ecg

08 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito