Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Distingue a Asociación do Tambre a traxectoria longa de vinte empresas

Organiza un evento o martes para render homenaxe as firmas con 25 anos de vida

Tambre. O vindeiro martes, 21 de decembro, a Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) homenaxeará a vinte empresas que cumpriron vinte e cinco anos na Asociación do polígono industrial en 2020 e 2021. O evento, que se celebrará no salón de actos da sede do centro, a partir das 20.00 horas, representa unha homenaxe conxunta dos dous últimos anos, ante a imposibilidade que se presentou na pasada edición por mor da pandemia.

A cerimonia será presentada por Manuel Nieto, vicepresidente da Asociación, que fará entrega aos homenaxeados dun diploma acreditativo e un pequeno agasallo. Ademais, a velada estará encabezada polo presidente da AAET, José Fernández Alborés, e contará coa asistencia de diversas autoridades, como o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, ademais de representantes das firmas recoñecidas.

A Asociación distingue a capacidade de traballo que, polo menos, durante un cuarto de século veñen realizando estas empresas desde as súas naves no Polígono do Tambre. Alborés explica que “organizan este evento para enxalzar as particularidades e o bo facer de cada unha delas”, pero sempre destacando os “ingredientes comúns e imprescindibles para o éxito empresarial que comparten todas as compañías, como son a ilusión, o esforzo e a colaboración”, remarca.

Neste senso, explica, “as empresas mostran ao longo da súa traxectoria a ilusión por construír, por ver nacer e medrar o seu proxecto e consolidalo ou mesmo transmitilo a unha nova xeración, unha evolución alcanzada grazas a un gran esforzo na procura da competitividade, o mantemento da confianza dos clientes e un afán por innovar e reinventarse ano tras ano”.

As compañías distinguidas en 2020 foron once: Arteal, Autocares Mosquera Bazar de Villar, Coregal, Dielectro Industrial, Excavaciones Hermanos Otero, Hijos de Rivera, Maderas Vázquez, Montelnor, Recambios Balsa e Sisrecon. Mentres, as homenaxeadas en 2021 pola súa traxectoria profesional no polígono durante vinte e cinco anos suman nove compañías: Alquileres Reyca, Viaqua, Comercial Monte, Elidente, Ferlo, Inforhouse, J.B. Cao, Sondeos del Miño e Toldos Gómez. ecg

17 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.