Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Doazón moi especial: a trenza dunha nena finada no ano 1970

Faleceu de forma súbita aos sete anos de idade // É a peza número 15.000 do Museo do Pobo

A colección do Museo do Pobo Galego acada os 15.000 rexistros, cunha peza moi especial: unha trenza de cabelo dunha nena falecida, doada pola súa familia. A perda dun ser querido é sempre dolorosa. É aínda máis dramática e menos aceptada cando se trata da morte prematura dunha filla. Para axudar a asimilar esta perda, era costume conservar obxectos persoais da persoa defunta que se gardaban agarimosamente como si dunha reliquia se tratase. De entre todos eses obxectos, o máis significativo era gardar o cabelo da persoa perdida. “O cabelo humano é parte inherente do corpo dunha persoa; conservalo é unha maneira de testemuñar a existencia desa persoa e de gardar, nesa reliquia, a esencia do ser perdido. Ademais, o cabelo pode conservarse ben durante moito tempo, pois non se degrada con facilidade, o que dá a idea de perdurabilidade”, indican desde o Museo do Pobo Galego.

A trenza que leva o número 15.000 da colección pertenceu a unha nena que finou de forma súbita aos 7 anos en 1970. Gardada desde entón pola súa nai como recordo da filla perdida, a trenza serviu como elemento integrador do grupo familiar especialmente para o resto da descendencia do matrimonio que non chegou a coñecer a súa irmá pero que a tiñan presente a través da súa reliquia. A trenza estaba gardada xunto cun detente en forma de escapulario, un obxecto devocional defensivo, bordado e pintado a man. A colección de obxectos do MPG segue medrando día a día grazas ás achegas desinteresadas de centos de persoas que, coas súas doazóns, contribúen ao seu crecemento e diversificación.

03 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.