Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Chámase ‘Resiliencia’ e pode visitarse no Centro Entelequia de Romero Donallo // A través de frases de agradecemento que pode aportar calquera, Laura Crestar e Gabriela Gómez buscan homenaxear a psicólogos ou educadores TEXTO Andrea Oca

Dúas alumnas da USC crean un proxecto para resaltar o labor das profesións sociais

A quen lle darías as gracias por axudarche a sentirte mellor no último ano? Esa é a premisa do proxecto ideado por dúas estudantes do último ano de Educación Social da Universidade de Santiago, Laura Crestar e Gabriela Gómez, e que se pode visitar no Centro Entelequia da avenida Romero Donallo. Baixo o nome de Resiliencia, en referencia á capacidade de resistir ante as adversidades, a mostra está formada por un conxunto de frases e textos de agradecemento enviados por persoas de todo tipo. “Contamos con relatos anónimos, que se poden enviar grazas a un cuestionario de Google e a Instagram, adicados a un educador, a un familiar... Pero sobre todo está destinado a agradecer o labor dos profesionais do social que axudan a dar unha volta de torca ás situacións complicadas”, explica Laura. Tanto ela como a súa compañeira fan as súas prácticas no Centro Entelequia, onde traballan a diario con menores con autismo ou con trastornos de conduta que precisan dunha atención especial. “Aquí hay un popurrí de profesionales, como logopedas, educadores, psicopedagogos... Buscan hacer más fuertes a los niños. A veces hay poco reconocimiento para el esfuerzo que se hace con personas que necesitan ayuda, que prácticamente somos todos, pero hay quien necesita más. Es un trabajo que se conoce poco o no se valora mucho”, concreta Gabriela.

A palabra que dá título ao proxecto define a intencionalidade de ambas estudantes: relacionar a pandemia con algún aspecto positivo tendo en conta a negatividade xeral. “Na pandemia déuselle moito énfase aos sanitarios dos hospitais, que son imprescindibles, pero non se visibiliza tanto a profesionais do social como psicólogas, pedagogas, traballadoras sociais.... Son fundamentais para axudar á saúde mental das persoas, buscan empoderar os nosos pensamentos, algo que é algo igual de relevante que a saúde física”, afirma Laura Crestar, a quen lle gustaría adicarse á educación social no ámbito das mulleres vítimas de violencia de xénero ou dos menores.

O resultado son tanto palabras de agradecemento a todos eses profesionais como reflexións sobre a aprendizaxe obtida durante o confinamento: coñecerse mellor a un mesmo ou pasar máis tempo coa familia. Para ver a mostra en detalle chega con achegarse ao escaparate do Centro Entelequia, pero Laura e Gabriela invitan a todo o que queira a entrar, conversar con elas ou coñecer a actividade que se realiza no centro. Nel desenvolven as súas prácticas universitarias do último ano do grao universitario. “Estamos viviendo momentos complicados, cambiantes, a las personas nos cuesta adaptarnos a estas situaciones tan complicadas y repentinas, y en el caso de los menores es muy importante ofrecerles una ayudan a ellos y a sus familias”, destaca Gabriela.

Como estudantes de Educación Social, tamén están sufrindo as consecuencias da pandemia. A maiores das dúbidas sobre o que lles depara o futuro, o ano pasado perderon a oportunidade de facer as prácticas, polo que aproveitan para incidir na necesidade de complementar os coñecementos teóricos con máis experiencias a pé de campo. “Na nosa promoción imos saír da Universidade tendo realizada unha práctica dun mes en 4.º de carreira. É a parte onde vemos a realidade fóra das aulas. É moi importante facer cousas fora da universidade, como proxectos educativos de voluntariado, algo que che permita ir máis alá”, explica Laura, quen realiza un deses voluntariados. Nun momento no que a xuventude está tan cuestionada, e no que as saídas laborais son máis complexas que nunca para certos graos universitarios, ambas son unha mostra do talento e da vocación que vén detrás.

23 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito