Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dudas no PP sobre o destino do remanente de Raxoi

Pueblo. O Partido Popular preguntará ao goberno local cal é a explicación para que se xeren de forma recorrente remanentes, e que medidas ten adoptadas e vai a adoptar para corrixir a perda millonaria de investimentos. O vicevoceiro, Ramón Quiroga, denuncia que a obtención de esaxerados e descompensados superávits polo Concello, que finalmente se dedican ao financiamento anticipado de débeda ou se pretenden confiscar polo Goberno central, sen que se poña coto a dita situación nin se adopten as medidas oportunas, é unha casuística recorrente desde hai anos.

Destacou que, ata a data, “non coñecemos ningún plan de medidas de reforma que posibilite axilizar a execución de orzamentos, que eviten ridículas porcentaxes de execución, que despois se transforman en superávits esaxerados, para acabar anticipando os cartos aos bancos, en vez de investilos na cidade cunhas graves necesidades de axudas en todos os ámbitos derivadas da pandemia actual”. Os Populares tamén buscan información sobre se Bugallo dispón dunha relación de proxectos e programas xa ultimados susceptibles de seren executados cos remanentes e se ten unha prelación prioritaria dos mesmos. Así mesmo, o vicevoceiro interpelará a o Goberno local se ten previsto crear unha comisión municipal para este fin. Outro dos asuntos é que ten pensado facer no caso de verse obrigado a unha amortización anticipada, se pensa nalgún tipo de endebedamento estratéxico e que previsión de remanentes ten para este ano. Desde que tomou posesión o novo goberno local, o Concello leva perdidos cantidades millonarias en investimentos. ecg

19 sep 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito