El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Agadea imparte o curso Escola de Familias

Charla de la asociación Agadea Alzhéimer
Charla de la asociación Agadea Alzhéimer

ECG   | 04.10.2018 
A- A+

COIDADORES Agadea Alzhéimer impartirá mañán, venres, a primeira sesión da súa Escola de Familias. Trátase dun curso gratuíto que está dirixido a coidadores non profesionais e ás familias de persoas con alzhéimer. Desenvolverase todos os venres alternos, a partir deste 5 de outubro, nas dependencias do Centro Cívico de Santiago.

O curso, que será impartido pola psicóloga de Agadea Alzhéimer, Alba Felpete, ten como obxectivo axudar no día a día dos coidadores aportando os coñecementos básicos para que realicen un coidado óptimo da persoa ao seu cargo. A través da Escola buscan reducir este problema e aumentar a calidade de vida dos enfermos.

Pódese inscribir ou pedir máis información en agadea@agadea.org ou no teléfono 647 589 725.