Jueves 17.10.2019 Actualizado 10:59
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Apertura da nova matrícula do Centro de Linguas Modernas da Universidade

Inclúe unha ampla oferta con cursos de inglés, alemán, italiano ou xaponés

ECG   | 05.09.2019 
A- A+

O Centro de Linguas Modernas da USC mantén aberta a matrícula nos cursos de idiomas que impartirá o primeiro semestre do curso 2019-20, así como nos test de nivel. A oferta formativa aprobada pola Vicerreitoría de Organización Académica da USC para este período é ampla e inclúe cursos de alemán, francés, inglés, italiano, portugués, catalán, checo, xaponés, galego para non galegofalantes e español como lingua estranxeira no campus de Santiago.

Unha das novidades da nova programación atinxe á posibilidade de que tamén os estudantes da USC que non teñan acreditado o nivel B1 en ningún idioma estranxeiro poidan pedir o recoñecemento de créditos ECTS por cada 25 horas de curso. Ademais, canto maior sexa o grao de coñecemento da lingua e cantos máis cursos realicen, máis créditos académicos poderán acadar.

Por outra banda, a Concellaría de Educación vén de publicar a relación de admitidos e excluídos para os días 9 e 10 no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán. Debido a que non se acadou o número mínimo de matrículas para a realización do programa nos dous centros propostos, eses días só se prestará o servizo no CEIP Monte dos Postes.