El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

santiago

As persoas xordas xa poden alertar á Policía Local cun simple SMS

Activarase unha alarma sonora na central en tempo real tras pedir auxilio

REDACCIÓN   | 10.06.2015 
A- A+

Santiago. A Policía Local, en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago (APSSC), pon en marcha un novo sistema que permitirá que as persoas que teñen discapacidade auditiva poidan contactar de forma directa coa policía a través dun servizo de mensaxes de texto.

A sala de Coordinación da Policía Local conta cunha aplicación para PC, denominada Line, na que se recibirán as mensaxes. Así mesmo, na sala de Comunicacións instalouse unha alarma sonora, que se activará cando se reciba unha mensaxe de forma que o persoal policial da central de comunicacións terá a tempo real a recepción da reclamación de auxilio.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt