El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

comercio

Asistencia multitudinaria a segunda edición "Estrea Estilo!"

REDACCIÓN SANTIAGO  | 12.05.2014 
A- A+

A festa do pequeno comercio promovida pola Concellaría de Comerio do Concello de Santiago de Compostela, convocou o domingo a miles de composteláns que se achegaron durante todo o día ao Pazo de San Lourenzo para coñecer de primeira man as coleccións primavera-verán dos comercios da cidade e gozar das múltiples actividades. O alcalde e a concelleira de Comercio visitaron o pazo este domingo.

A xornada Estrea Estilo! concluiu onte domingo cun resultado sobresaínte tras ser visitada por miles de composteláns dende as 11h da mañá e ata o remate do seu amplo programa de actividades. A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela, Reyes Leis, que visitou a actividade co alcalde da cidade, Ángel Currás, destacou o rotundo éxito da iniciativa, agradeceu a implicación dos comerciantes dos distintos barrios e a gran acollida por parte dos composteláns, e manifestou o seu desexo de celebrar futuras edicións do evento.

Durante a acción presentáronse as coleccións primavera-verán dos comercios participantes no salóns, claustro, e xardíns do Pazo de San Lourenzo, que por un día abriu os seus espectaculares espazos á cidadanía para que os visitantes puideran coñecer, probar e comprar as novidades de tempada e descubrir un dos rincóns con máis encanto e historia da cidade.

A actividade desenvolveuse en horario de 11h a 21h e a ela concurriron trinta e oito comercios de Santiago que expresaron a súa satisfacción co desenvolvemento da acción: A Balea Violeta, A Reixa Tenda, A tetería de Rose Bakery, Allegra, Améndoa, Celme, Como pez en el agua, Core Surfing, Dándara, El taller de Fer, El Vestidor de Alicia, Equisol, Fillos da Malte, Floristería Embora, Freesite, Kiedis, La Reina de Saba, LIOLIO, Locapormí, Lunares en Mayo, Maná Malú, Mokasu, Mundaka World, Na Lúa, Núa Moda, Óptica M&S, Óptica Pontecastro, Óptica Tábora, Patucos&Co, Pecados de Compostela, Queroté, Severino, Simplemente Luna, The Perfect Shoe, Trigonella,VIDE,VIDE! e Zapatos MIC MIC.

Destacou durante a xornada o cheo absoluto das actividades infantís e o servizo de beleza exprés de balde para aqueles visitantes que realizaron compras aos comercios participantes, así como o obradoiro de coroas florais, que agotou existencias antes do final do día. Gran acollida tiveron tamén as degustacións e sorteos, nos que se repartiron decenas de agasallos patrocinados por comercios da cidade, o servizo prestado polo tren lanzadeira que achegou xente ata o Pazo dende o centro de Santiago, e os concertos das bandas galegas Belöp, Caxade e When Nalda became punk, facendo bailar a visitantes de todas as idades nos xardíns do Pazo.