El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música estrea as obras gañadoras do Concurso Galego de Composición

CDS  | 27.12.2013 
A- A+

Dirixida por Xosé Carlos Seráns, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música estreará as obras premiadas do VI Concurso Galego de Composición para Banda de Música. Estas serán as obras obrigadas no VIII Certame Galego de Bandas de Música.

O concerto será este domingo 29 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. A entrada será libre até completar aforo.

O programa será o seguinte:

I PARTE

Lela, de A. D. Castelao
R. Hernida / X.C. Seráns
Finalista

Codex Calixtinus Miguel Brotóns Pérez
Primeiro Premio

Aires do Norte Jaime Ismael Enguídanos Royo

II PARTE

Espíritu V. Valencia

Pagliacci (Fantasia) R. Leoncavallo / X. C. Seráns

Romeo e Julieta P.I. Tchaikovski / X. C. Seráns