El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O Bloque reclamará no Pleno a recuperación dos dous lavadoiros de Laraño

Un deles, o de Lamas, ten a cuberta en mal estado // O outro, preto da igrexa, está cheo de herbas // Os veciños quéixanse

Lavadoiro no lugar de Lamas, na parroquia de Laraño, cuberto de herbas - FOTO: ECG
Lavadoiro no lugar de Lamas, na parroquia de Laraño, cuberto de herbas - FOTO: ECG

C. NOYA   | 12.10.2018 
A- A+

O grupo municipal do BNG solicitará no vindeiro Pleno a rehabilitación e recuperación de lavadoiros na parroquia de Laraño, concretamente no lugar de Lamas e xunto a igrexa. A veciñanza de Laraño trasladou a necesidade do arranxo de dous lavadoiros nesta mesma parroquia. Un deles atópase en Lamas e ten a estrutura da cuberta en mal estado, con moitas tellas soltas que poden caer en canto chegue o inverno.

O outro lavadoiro que tamén está nunhas pésimas condicións atópase no muro norte que enmarca o terreo da igrexa. Este ten filtracións de auga provocando que o chan de arredor se volva intransitábel para as persoas.

Os veciños de Laraño xa hai dous anos que demandaron o arranxo destes lavadoiros e mesmo presentaron a proposta nos Orzamentos Participativos de 2017. As fontes e lavadoiros teñen, na actualidade, un valor fundamentalmente etnográfico e as administracións públicas son responsábeis do coidado e mantemento deste patrimonio cultural galego.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt