El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Bugallo contempla a renovación integral da rúa de Betanzos

Comprometeuse a construír un parque infantil na zona e instalar un ascensor antes do 2020

Bugallo e parte do seu equipo durante unha das visitas de onte  - FOTO: ECG
Bugallo e parte do seu equipo durante unha das visitas de onte - FOTO: ECG

MARTÍN FERNÁNDEZ   | 26.04.2019 
A- A+

O candidato do PSOE á alcaldía de Santiago comprometeuse coa AVV Francisco Asorey a renovar a rúa Betanzos, construír un parque infantil na zona e instalar un ascensor no barrio antes do 2020. Son varias das peticións realizadas polos veciños, cos que Xosé A. Sánchez Bugallo se reuniu onte, acompañado de Mercedes Rosón, Mila Castro e Gonzalo Muíños, membros da súa candidatura. Outro problema plantexado por este colectivo veciñal é a falla de transporte público. Non hai unha liña de autobuses que suba ata a Almáciga. O cabeza de lista socialista sinalou a necesidade de revisar o plan de transporte e sacar a concurso o servizo co obxectivo de renovar a flota e reestruturar as liñas. Un novo prego de condicións que, segundo Bugallo, "responda as demandas e necesidades e que sexa economicamente viable". Estaría en funcionamento no 2021. Mentras tanto, comprometeuse a por un autobús como solución provisional.

Outras peticións que vai revisar son anclar os contedores do lixo, arranxar o parque, máis iniciativas culturais e programas sociais para o centro sociocultural da Almáciga.

Durante a xornada de onte, Bugallo tamén visitou o CEIP Apóstolo Santiago. Alí, coa ANPA, comprometeuse a adaptar o centro ao alumnado con diversidade funcional, mellorar a conexión interior do edificio cos espazos ocupados pola antiga Escola Municipal de Música; e previr os riscos derivados da "inquietante" presenza de radón en diferentes ámbitos das instalacións escolares. Entre as necesidades expostas pola comunidade educativa destacan reestruturar os espazos destinados a biblioteca, xa que o actual é moi reducido; abrir unha conexión no primeiro piso do edificio para unir o centro escolar coa antigua Escola Municipal de Música; e ampliar os espazos das cabinas de ensaio que utilizaban os estudantes de música, para que poidan funcionar como aulas. Tamén se comprometeu a dar unha solución aos problemas de accesibilidade e seguridade no acceso ao propio centro educativo.

O DATO

Barrios Sánchez Bugallo tamén mantivo onte un encontro coa veciñanza de Meixonfrío e Salgueiriños no Centro Socio Cultural Casa Agraria, "e coñecer de preto os problemas e necesidades dos composteláns".