El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Bugallo cre que entre as propostas para a EDAR hai algunha con garantías

ECG   | 09.11.2019 
A- A+

Santiago. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo falou onte da reunión mantida este martes en Madrid na que se presentaron as propostas das nova empresas que participan no procedemento de diálogo competitivo para elixir o proxecto da nova EDAR da Silvouta. Agora será Acuaes a que escollerá catro delas para que redacten un proxecto técnico. O rexedor indicou que se presentaron "propostas bastante diferentes, algunhas tecnoloxicamente moi avanzadas e outras que apostan por tecnoloxías máis tradicionais". En calquera caso, afirmou que "algunhas desas propostas ofrecen garantías técnicas e de cumprir os compromisos", en relación fundamentalmente a permitir un trámite medioambiental simplificado que posibilite non perder os fondos comunitarios para a EDAR da Silvouta.

Segundo explicou o alcalde, será Acuaes a que elixirá as catro empresas que deberán presentar un proxecto técnico antes do Nadal. Este deberá estar listo nun prazo de seis meses, e de entre estes catro sairá o proxecto definitivo.