El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

CardiaTech e Smartwood, premiados na quinta convocatoria do programa Argos

Acto de entrega dos premios Argos no Paraninfo da Universidade - FOTO: USC
Acto de entrega dos premios Argos no Paraninfo da Universidade - FOTO: USC

ECG   | 29.07.2018 
A- A+

PARANINFO USC CardiaTech e Smartwood son os dous equipos premiados na quinta convocatoria do programa Argos para a creación de equipos emprendedores universitarios nas modalidades Argos Spin (para proxectos baseados en resultados de investigación da USC) e Argos Enxeño (para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago e Lugo). Os premios, dotados con 3.000 euros cada un, foron entregados no Paraninfo da Universidade nun acto presidido polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri. No primeiro caso, na modalidade Argos Spin, CardiaTech propón a comercialización dun software que detecta patróns irregulares no ritmo cardíaco. Ideado por investigadores do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS), é un método novidoso para interpretación de sinais electrocardiográficos. Pola súa banda, Smartwood é unha proposta empresarial baseada nunha aplicación móbil deseñada para o asesoramento e xestión de terreos rurais. A aplicación informa dos cultivos que se poden plantar e como proceder en cada parcela.