El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A CdC terá un restaurante no Museo e unha terraza no Bosque de Galicia

A Cantina quédase pequena na actualidade - FOTO: CdC
A Cantina quédase pequena na actualidade - FOTO: CdC

R­EDACCIÓN   | 25.05.2019 
A- A+

Santiago. A Fundación Cidade da Cultura vén de convocar o concurso para adxudicar a explotación do servizo de restauración do complexo do Gaiás, que suma aos espazos actualmente en funcionamento (A Cantina do Gaiás e a cafetería O Roupeiro, no edificio CINC) un novo restaurante-cafetería no Museo, e unha terraza no Bosque de Galicia.

A ampliación obedece á necesidade de atender o incremento de traballadores na Cidade da Cultura, máis de 600 persoas, así como a afluencia de visitantes, participantes nas actividades e eventos e usuarios dos servizos públicos localizados no Gaiás.

As empresas interesadas nestes proxectos deberán presentar unha proposta técnica e gastronómica que dea resposta aos diferentes perfís de persoas presentes na Cidade da Cultura, desde turistas interesados na gastronomía galega até os traballadores que acoden cada día ao seu posto.