El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O Colexio de Psicoloxía denuncia a precarización laboral da asistencia pública en saúde mental

En Radio Obradoiro, Javier Sardiña pediu a convocatoria de prazas para a especialidade de psicoloxía clínica na OPE do Sergas, e lamentou que se estea deixando de lado "á poboación que padece o estigma dunha enfermidade mental"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Javier Sardiña, psicólogo clínico e presidente da sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

SANTIAGO. RO   | 06.10.2015 
A- A+

O vindeiro 10 de outubro é o Día Mundial da Saúde Mental. Co gallo desta efeméride, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) vén de denunciar a precarización laboral da asistencia pública en saúde mental. Alertan das consecuencias dos recortes levados a cabo durante a crise, e lamentan que o Sergas, por segundo ano consecutivo, non convoque prazas para a especialidade de psicoloxía clínica. En Radio Obradoiro, o presidente da sección de Psicoloxía e Saúde do COPG explicaba que dende o inicio da crise a atención en saúde mental deixouse de lado: "o plan estratéxico previsto con anterioridade, e no que se estaba traballando, foi abandonado".

Javier Sardiña lamentou que non se tivera en conta a advertencia feita pola Organización Mundial da Saúde, que alertou "do risco de intentos de suicidio e de suicidios diante dun escenario de crise económica. Eses prognósticos cumpríronse. Sabíase, e non se previu". Ben ó contrario, "estase abandonando a moita poboación que padece o estigma da enfermidade mental".

Síguenos en Twitter e Facebook