El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Comercio 360 aposta pola dixitalización dos negocios

ECG   | 18.06.2019 
A- A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiu onte en Santiago a un curso sobre transformación dixital en sectores tradicionais, que organiza Incyde co apoio da Xunta e da Cámara de Comercio de Santiago, no que participan 25 persoas, onde informou sobre a nova iniciativa Comercio 360, coa que a Xunta aposta pola dixitalización do comercio, a economía circular e o produto local.

En palabras de Vázquez, o obxectivo principal desta acción e darlle un pulo ao sector mellorando tanto a súa competitividade como a súa modernización.

As novas medidas, que xa están en marcha, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial.

Explicou que Comercio 360 desenvolverase ata 2021 destinándose neste primeiro exercicio 5,7 millóns para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais, que se suman á convocatoria de modernización e dixitalización do comercio de proximidade que convocou a Consellería de Economía.

Para promover o labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360, a Xunta levará a cabo xornadas e a análise de casos de éxito, así como a posta en marcha dun espazo web específico e tamén publicará unha liña de axudas á ecoinnovación para impulsar a economía circular.