El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Composcleta denuncia un aumento do 70% dos atropelos en Santiago

A asociación cívica demanda políticas de fomento da seguridade para peóns e ciclistas // Quere que se impliquen as administracións local, autonómica e central

Un ciclista circulando entre el intenso tráfco de turismos y camiones de la rúa da Virxe da Cerca  - FOTO: Arxina
Un ciclista circulando entre el intenso tráfco de turismos y camiones de la rúa da Virxe da Cerca - FOTO: Arxina

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 02.03.2018 
A- A+

A Asociación Cívica Composcleta, que fomenta o uso da bici en Santiago, vén de demandar políticas reais de fomento da seguridade para peóns e cilcistas por parte das administracións local, autonómica e central. Denuncia que as rúas da capital galega son cada vez máis perigosas, debido en boa medida a que "os coches circulan habitualmente con velocidades superiores á permitida nas zonas con limitación de 30 km/h. Ademais, permítese o estacionamento de vehículos sen ningunha regra nas saídas e entradas dos colexios e no entorno do hospital clínico universitario". 

Composcleta sinala que que en 2017 o número de peóns e ciclistas atropelados por vehículos de xeito grave aumentou un 70% respecto á media dos tres anos anteriores, segundo datos facilitados polo 061, no entorno de Compostela. Engade que "as ambulancias do 061 teñen que atender a 1.6 feridos por sinistro cada semana. De seguir así, só en catro anos teremos un atropelo grave (morto ou ferido con asistencia hospitalaria) cada día".

O colectivo considera "esperpéntico o divorcio existente entre os discursos institucionais a prol dunha suposta mobilidade sostible, e a realidade das rúas e estradas do noso entorno". Ó seu xuízo, nas actuacións e investimento nas rúas e estradas ignórase por completo a necesaria circulación de peóns e ciclistas". 

Por todo isto, Composcleta urxe "un cambio radical nas políticas da administración pública do noso país que defendan os principios da seguridade e o acceso universal a mobilidade das persoas".