El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Conferencia do director do Centro de Estudos de Seguridade no marco da Semana da Integración

REDACCIÓN  | 18.06.2019 
A- A+

A Semana da Integración, no marco do proxecto UNINTEGRA, coordinado polo Servizo de Relacións Exteriores da USC, continúa hoxe no Pazo de Fonseca, ás 20.00 horas, coas conferencias Xeopolítica e refuxiados ambientais: un encontro cara ao desastre, impartida por José Julio Fernández Rodríguez, director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) da Universidade de Santiago, e Intervencións sanitarias en rescates de misións humanitarias en Frontex (Axencia Europea de Fronteira e Costas), impartida por Miguel Ángel Iglesias Blanco, capitán enfermeiro da Garda Civil e xefe do Servizo de Asistencia Sanitaria da Comandancia de Lugo. O acto será moderado por Enrique López Veloso, xefe do Servizo de Relacións Exteriores da USC. UNINTEGRA é un proxecto cofinanciado polo Fondo de Asilo, Migración e Integración (FAMI) da Comisión Europea, coordinado polo Servizo de Relacións Exteriores da USC, que se puxo en marcha a finais do 2017. "O obxectivo é promover o apoio á integración de persoas refuxiadas", indica Víctor Arce Vázquez, vicerreitor de Estudantes e Internacionalización.