El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Costa de xaneiro: sol, frío e rúas desertas

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 11.01.2019 
A- A+

Que se vén unha vaga de frío ou non vén, parece que os institutos meteorolóxicos non se poñen dacordo. O certo é que non sabemos se é polas baixas temperaturas pero as rúas do casco histórico, a pesar de que o sol invita a pasear, están estes días bastante desertas. Nin composteláns, nin turistas. Aínda así, algúns visitantes atopamos, e vindo de onde veñen, eles sí teñen claro isto do frío.

O certo é que estamos en temporada baixa e algúns hostaleiros confirman que non hai movemento, por iso moitos bares aproveitan para pechar e descansar uns días agora en xaneiro.