El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

SINDICATO

Critican o peche de camas no CHUS en verán

ECG   | 12.06.2019 
A- A+

CIG-Saúde de Compostela amosou a súa indignación "polo intento da Xerencia de intentar normalizar o peche abusivo de camas" durante o período estival. Consideran "absurdo" e "inexacto" que a xerencia alegue un descenso na actividade asistencial, falta de persoal para substitucións e a necesidade de acometer obras de acondicionamento. Fronte a isto, o sindicato afirma que durante o verán non pode diminuír a actividade asistencial porque "as poboacións das zonas de costa, como mínimo, se duplican nesa época e os pobos de interior tamén se enchen cos centos de persoas que veñen de fora, os e as emigrantes". Pola súa banda, dende o CHUS anunciaron que estarán operativas o 95 % das camas, 20 puntos máis que no 2018.