El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O curso escolar comeza con normalidade nos colexios públicos de Infantil e Primaria de Santiago, pero con peticións de profesorado

Tamén comezaron sen incidencias os servizos de comedor e de madrugadores, aos que asisten 750 e 200 alumnos respectivamente

Padres de alumnos del Colegio de Vite protestan por falta de profesores - FOTO: A.H.
Ver galería
Padres de alumnos del Colegio de Vite protestan por falta de profesores - FOTO: A.H.

10.09.2015 
A- A+

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visitaron esta mañá o CEIP Raíña Fabiola, para acompañar os nenos e nenas no seu primeiro día de clase. O edil salientou que o curso arrancou con total normalidade nos centros públicos de Infantil e Primaria da cidade. Tamén comezaron sen incidencias os servizos de comedor e de madrugadores, aos que asisten 750 e 200 alumnos respectivamente.

Os servizos de comedor e de madrugadores estanse a prestar desde hoxe nos colexios Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

O concelleiro de Educación salienta que o comezo do curso chega despois dun intenso verán no que o Concello conseguiu executar obras de mellora nos colexios públicos por un importe de 204.000 euros. Foron arranxos de pequenas deficiencias, posto que as actuacións estruturais son competencia da Consellería de Educación.

Reivindicar o ensino público 

Coa súa presenza no colexio Raíña Fabiola, o alcalde e o concelleiro de Educación quixeron reivindicar a importancia do ensino público. Ese é tamén o obxectivo do acto inaugural do curso de Infantil e Primaria, que se vai celebrar mañá no Auditorio de Galicia, coa participación de máis de 400 alumnos de sexto curso.

Na mesma liña, Martiño Noriega e Manuel Dios expresaron o seu apoio á comunidade educativa do CEIP de Vite, que esta mañá se manifestou ás portas do centro para denunciar a falta de coidadores, profesores e pedagogos terapéuticos no centro.

Apoio á ANPA de Vite 

Precisamente, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, acudiu esta mañá á concentración convocada pola ANPA do CEIP de Vite, que reclama máis profesorado para o centro e denuncian recortes por parte da Consellería de Educación. Lamentan que, nun ano no que se incrementou a matrícula de nenos con necesidades educativas especiais, se reducise o número de profesoras de Pedagoxía Terapéutica (PT) das 2 coas que contaban a tempo completo o pasado ano a 1,5 que itinera co CEIP do Coto de Negreira, unha cifra que consideran "claramente insuficiente".

O grupo de goberno solidarízase cos pais e nais do centro, apóiaos e súmase as súas reivindicacións. Piden unha resposta por parte da Consellería de Educación porque "lles parece intolerable que non se dote ao colexio do persoal adecuado en función ao número de nenos con necesidades especiais.