El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

CxG propón melloras ao longo da rúa Diego Bernal

REDAC.   | 25.04.2019 
A- A+

SAR Xoán Bascuas propón unha actuación urxente na rúa Diego Bernal, que "na actualidade xa se atopa bastante deteriorada e con só dous carrís". "Os días de partidos, concertos e grandes eventos non é capaz de dar saída ao tráfico, provocando atascos, tanto cara ao barrio de Sar como ao de Fontiñas e condicionando a entrada e saída o de Viso", indicou o candidato de CxG nas vindeiras eleccións locais. "Este problema agravouse co novo enlace da AP-9", engadiu. A formación galeguista aposta por unha actuación integral en toda a rúa, nas súas rotondas, que "se atopan nun estado de abandono, cheas de maleza que medra sen control e dificulta a visivilidade dos vehículos". De igual modo, Compromiso formula a construción dun aparcadoiro lineal aproveitando as marxes da mesma.