El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Éxito de público e prezos á baixa na Feira Cabalar da Ascensión

A asistencia foi superior á do ano pasado, e milleiros de persoas desfrutaron das exhibicións en Amio // As vendas acadaron os 340.470 euros, 210.000 euros menos que en 2017

Na imaxe, un dos cabalos de pura raza galega que participaron nas exhibicións en Amio - FOTO: ECG
Ver galería
Na imaxe, un dos cabalos de pura raza galega que participaron nas exhibicións en Amio - FOTO: ECG

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 10.05.2018 
A- A+

Milleiros de persoas se deron cita na mañá deste xoves no recinto feiral de Amio, para desfrutar do tradicional desfile e concurso cabalar das Festas da Ascensión. Ademais dos concursos morfolóxicos, os asistentes seguiron con moito interese as exhibicións, animados polo bo tempo. Unha das actividades máis agardadadas foi o espectáculo ecuestre de doma.

No tocante á feira en si mesma, cabe destacar que este ano baixou a calidade do gando, o que repercutiu directamente no prezo acadado polos exemplares. O volume de vendas foi de 340.470 euros, fronte ós 551.137 do ano pasado, o que supón 210.667 euros menos.

Desta volta houbo 362 reses de gando equino, 38 de gando asnal, 14 de gando ovino e 8 de gando caprino. Con respeto ós prezos medios por cabeza, os cabalos e eguas para vida acadaron os 1.100 euros, os cabalos e eguas para abasto os 650, os asnos os 600, o gando ovino maior os 70 e o gando caprino maior os 80.