Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Expertos nacionais e internacionais analizan en Santiago as peregrinacións

Será hoxe e mañá xoves no marco da oitava edición dos Coloquios Compostela // O presidente do comité organizador, Antón Pasos, explicou en Radio Obradoiro que "malia a súa orixe relixiosa, o concepto de peregrinación é moi amplo"

Santiago acolle este mércores 20 de novembro e mañá xoves, día 21, a oitava edición dos Coloquios Compostela, que desta volta xiran arredor do tema "O renacer das peregrinacións". Durante estes dous días, expertos nacionais e internacionais realizarán unha análise disciplinar deste interesante fenómeno.

O presidente do comité organizador destas xornadas, e vicedirector do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, sinalaba en Radio Obradoiro que nesta ocasión "centrarémonos no que ocorreu no século XIX, cun ambiente romántico na Idade Media que fixo que se idealizaran as peregrinacións. Ademais, esa idealización levou a facer moitas escavacións arqueolóxicas que permitiron atopar restos de distintos santos ó longo de toda Europa". Doutra banda, engadía Antón Pasos, "o século XIX foi o dos grandes enxeños que permitiron os desprazamentos de masas como o buque a vapor ou o ferrocarril. Con eles xurdiu a posibilidade de enviar miles de persoas ó mesmo tempo".

Nestes Coloquios Compostela "analizaremos o caso concreto de Santiago co descubrimento da tumba do Apóstolo, e tamén outros casos". Do que se trata, en palabras de Pasos, é de "analizar as peregrinacións nun senso amplo". Para iso contarán "co punto de vista de antropólogos, historiadores e filólogos", entre outros profesionais.

Entre os participantes haberá dous profesores estadounidenses porque "neste país o tema das peregrinacións está collendo moitísima forza, mesmo dende o punto de vista académico".

20 nov 2013 / 11:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito