El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Falece o gaiteiro Juan Bello Mallou

Nacido nas Casas Novas, en Santiago, foi un dos nomes máis importantes da música tradicional galega // Formou parte durante máis de medio século da Agrupación Cantigas e Agarimos

SANTIAGO. RO  | 13.01.2014 
A- A+

Xoán Ramón Marín
Juan Bello Mallou
FOTO: Xoán Ramón Marín

Este luns faleceu en Santiago, aos 89 anos,  Juan Bello Mallou, un  dos gaiteiros históricos da música galega. Mallou naceu nas Casas Novas, en Santiago, en 1925 e formou parte durante 56 anos da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos. Recentemente o Museo do Pobo Galego rendeulle homenaxe pola súa vida adicada á música tradicional. 

O velatorio é ás 17.30 horas de hoxe, na Sala 4 do Tanatorio de Boisaca. Mañá martes, ñas 20.00 horas haberá unha misa no mesmo tanatorio.