El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O festival celta máis famoso de Irlanda invita a un grupo de músicos de aCentral Folque

Doce integrantes do colectivo compostelán partipan o sábado na estrea de ‘The De Cuellar Suite’ // Tocarán na catedral de Dublín

O grupo de alumnos de aCentral Folque que parten hoxe para Dublín  - FOTO: ECG
O grupo de alumnos de aCentral Folque que parten hoxe para Dublín - FOTO: ECG

FERNANDO FRANJO. SANTIAGO  | 23.01.2013 
A- A+

"Esto demostra que, por fin a música galega está verdadeiramente na mente de xente de fora". Así se explicaba Mauro Senín, un dos músicos que hoxe, xoves partirá para Dublín co fin de participar na estrea da obra The De Cuellar Suite.

Esta peza, orixinal do músico irlandés Michael Rooney, recolle a traxectoria do capitán Francisco de Cuéllar, unha fantástica historia que fai un percorrido pola súa odisea na Armada Invencible.

Desde o punto de vista musical, Senín incide en que se trata dunha especie de "mistura de música folk e clásica". A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfoñas, requintas, gaita e voces. especialidades, todas elas impartidas na Escola Libre de Música Popular Galega de aCentral Folque, escola que actualmente conta con, aproximadamente, cen alumnos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt